DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 25 de febreiro de 2026 Páx. 15072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2026 polo que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística LU-0035-2024.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o día 22 de decembro de 2025, a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística LU-0035-2024.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución ás persoas con DNI 34260225T e 34264687T, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notificáselles ás persoas interesadas a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles ás persoas interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a sección do contencioso administrativo do tribunal de instancia en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lles sirva de notificación ás citadas persoas interesadas en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2026

Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística