BDNS (Identif.): 888952.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/888952
Primeiro. Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias os concellos e as entidades locais menores responsables de sistemas de saneamento, que teñan unha poboación total igual ou inferior a 50.000 habitantes.
Segundo. Obxecto
Establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos e ás entidades locais menores da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de auditorías das redes de saneamento para a detección de infiltracións, e convocar estas subvencións para o ano 2026 (código de procedemento AU301D).
Terceiro. Bases reguladoras
Publícase conxuntamente este extracto coa Resolución do 10 de febreiro de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos e ás entidades locais menores, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de auditorías das redes de saneamento para a detección de infiltracións, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento AU301D).
Cuarto. Importe
As subvencións reguladas ao abeiro desta resolución financiaranse con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) da entidade pública empresarial Augas de Galicia, por importe de cincocentos mil euros (500.000,00 €), aplicación orzamentaria 06.82.542B.760.0.
O importe das subvencións será do 100 % do investimento subvencionable, co límite máximo de quince mil euros (15.000,00 €) por solicitude, incluído o imposto sobre o valor engadido (IVE), ata esgotar o crédito previsto na presente resolución de convocatoria.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas do día 6 de marzo de 2026 e rematará ás 14.00 horas do día 7 de setembro de 2026.
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2026
Ángeles Vázquez Mejuto
Presidenta de Augas de Galicia
