DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 25 de febreiro de 2026 Páx. 15067

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 28 de xaneiro de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública a solicitude de novación da concesión de augas con expediente DH.A15.23059 no concello da Laracha e a súa transmisión (expediente DH.A15.92306).

En cumprimento do previsto nos artigos 142 e 144 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico (en diante, RDPH), faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Novación da concesión:

Titular: Vicente Moreno Loriga.

DNI: ***6049**.

Expediente: DH.A15.23059.

Tipo de captación: pozo.

Volume total anual: 221 m3/ano.

Caudal medio: 0,007 l/s.

Destino: abastecemento e rega.

Orixe: x= 530941; y= 4788167; (ED50, fuso 29).

Lugar: Braña Grande.

Parroquia: Cabovilaño (San Román).

Concello: A Laracha.

Transferencia da concesión:

Solicitante: Manuel Antonio Moreno Cumbraos.

DNI: ***4951**.

Expediente: DH.A15.92306.

Volume total anual: 221 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,83 l/s.

Destino: rega.

Orixe: x=530816; y=4787950; (ETRS-89, fuso 29).

Lugar: Braña Grande.

Parroquia: Cabovilaño (San Román).

Concello: A Laracha.

Descrición do aproveitamento:

A captación de auga ten lugar nun pozo de 1 m de diámetro e 2 m de profundidade na parcela de referencia catastral 1181730NH3818S0001WO e, mediante condución soterrada, diríxese á parcela de referencia catastral 1181707NH3818S0001FO en que se almacena, nun depósito de 2 m3 no tellado da vivenda, e se emprega para rega.

A documentación pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar, 15008 da Coruña, para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2026

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte