Andrés Pastoriza Rodríguez, DNI ***0888**, veciño de Figueirido, concello de Vilaboa (Pontevedra), 36140, actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de Alcouce, por este anuncio convoca para o vindeiro 12 de abril de 2026, na Casa Cultural de Figueirido, ás 10.00 horas en primeira convocatoria e ás 10.30 horas en segunda convocatoria, a asemblea xeral ordinaria, conforme a seguinte orde do día e a aprobación, de ser o caso, do que proceda:
1. Lectura de actas anteriores.
2. Informe de xestión da Comunidade.
3. Estado de contas.
4. Renovación de vogais.
5. Futuras obras a curto e longo prazo.
6. Facultar a Xunta Directiva para solicitar subvencións e axudas no nome da Comunidade.
7. Límites de consumo de auga en períodos normais ou excepcionais.
8. Rogos e preguntas.
Vilaboa, 2 de febreiro de 2026
Andrés Pastoriza Rodríguez
Presidente da Comunidade de Usuarios de Alcouce
