O que subscribe, Telesforo Abal Juncal, con DNI ***3040**, como presidente da Comunidade de Augas de Meira de Arriba-Moaña, por este anuncio convoco á asemblea xeral ordinaria a todos os usuarios da Comunidade, que terá lugar o 7 de marzo do 2026, ás 16.30 horas en primeira convocatoria e ás 17.00 horas en segunda convocatoria, no Colexio Público Reibón, coa seguinte orde do día e a aprobación, de ser o caso, do que proceda:
1. Lectura e aprobación da acta anterior.
2. Informe do presidente.
3. Estado e aprobación das contas 2025.
4. Orzamentos 2026.
5. Rogos e preguntas.
Meira (Moaña), 3 de febreiro de 2026
Telesforo Abal Juncal
Presidente da Comunidade de Augas de Meira de Arriba-Moaña
