Mediante a Resolución reitoral do 15 de outubro de 2025 (DOG do 28 de outubro e BOE do 27 de novembro), convocáronse probas selectivas para cubrir vinte e dúas prazas na escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos (subgrupo C1) da USC, pola quenda de acceso libre. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas pola quenda de acceso libre.
Segundo. Indicar que a citada lista provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.
Cuarto. Para emendar a exclusión ou a omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalFuncionario.htm
Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.
Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2026
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
