Convocada mediante Resolución do 20 de maio de 2025 (DOG nº 101, do 28 de maio) a provisión de diversos postos de xefe/a de Servizo de Atención Primaria, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril), de delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, e o Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia,
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de diversos postos de xefe/a de Servizo de Atención Primaria, convocados mediante Resolución do 20 de maio de 2025 (DOG nº 101, do 28 de maio).
Segundo. Nomear para o postos que se indican as persoas citadas no anexo desta resolución.
Terceiro. Os aspirantes seleccionados deberán cesar na praza que desempeñan dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrito ou destino provisional ou comisión de servizos.
Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.
O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.
Cuarto. Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, nos termos establecidos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 18 de febreiro de 2026
Luis Verde Remeseiro
Xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee
ANEXO
Denominación do posto: xefe de Servizo de Atención Primaria da Laracha-Cerceda.
Nome e apelidos: Miguel Ángel Varela Arias.
DNI (*): ***4368**.
(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal.
Denominación do posto: xefe de Servizo de Atención Primaria de Abegondo.
Nome e apelidos: Sergio Novo Porto.
DNI (*): ***1352**.
(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal.
