DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 2 de marzo de 2026 Páx. 15855

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomea unha nova membro do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a en farmacia, convocado pola Resolución do 21 de agosto de 2025, e se dá publicidade da modificación da condición de participación dalgúns dos seus membros.

Mediante a Resolución do 28 de xaneiro de 2026 (DOG núm. 27, do 10 de febreiro) nomeouse o tribunal cualificador no proceso selectivo, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de técnico/a en farmacia convocado pola Resolución do 21 de agosto de 2025.

Na base sétima da Resolución do 21 de agosto de 2025, de convocatoria do proceso selectivo, disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomeen os novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, e por circunstancias sobrevidas, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Primeiro. Nomear, con efectos desde a data da presente resolución, unha nova membro do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a en farmacia, convocado pola Resolución do 21 de agosto de 2025 (DOG núm. 170, do 4 de setembro), nos termos que se indican a seguir:

Vogal titular: Pena Pico, María Eugenia, persoal estatutario sanitario de formación profesional, técnica en farmacia, en substitución de Iglesias Noya, Santiago, persoal estatutario sanitario de formación profesional, técnico en farmacia.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2026

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos