De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 13 de febreiro de 2026 do proxecto de planta de valorización de residuos non perigosos (RCD) no lugar de Outeiro, na parroquia de Cañón, no concello de Celanova (Ourense), promovido por Almacenes Miranda Celanova, S.L.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
