No Diario Oficial de Galicia número 224, do 19 de novembro de 2025, publícase a Resolución do 6 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT402D).
De conformidade co artigo 18.3 das bases reguladoras, a resolución será ditada pola persoa titular da Presidencia do Consello Reitor da Agadic, por delegación do Consello Reitor (D.A. do Acordo do 24 de xullo de 2012, DOG núm. 164, do 29 de agosto) e por proposta do órgano instrutor, segundo o previsto no artigo 18.1.
Así mesmo, os artigos 10 e 18.4 das bases establecen que se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, que determina que esta publicación producirá os efectos da notificación.
Polo exposto, logo da presentación das solicitudes, unha vez finalizada a instrución e a fiscalización, e ditada o día 23 de febreiro de 2026 a resolución que finaliza o procedemento,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 23 de febreiro de 2026, de concesión das axudas convocadas ao abeiro da Resolución do 6 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT402D), que se xunta como anexo a esta resolución.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 23 de febreiro de 2026, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor potestativamente un recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2026
Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais
ANEXO
Resolución do 23 de febreiro de 2026 de concesión das axudas convocadas ao abeiro da Resolución do 6 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT402D)
Antecedentes administrativos:
1. O día 19 de novembro de 2025, DOG núm. 224, publícase a Resolución do 6 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT402D).
2. Unha vez rematado o prazo de presentación das solicitudes o día 22 de decembro de 2025, procédese ao estudo de todas as solicitudes recibidas (anexo I) xunto coa documentación complementaria presentada e realízanse os pertinentes requirimentos. Como resultado da actuación de verificación dos requisitos establecidos na convocatoria, compróbase que a solicitude relacionada no anexo II é desistida pola causa nel indicada.
3. Con data do 29 de xaneiro de 2026 reúnese a Comisión avaliadora, nomeada pola resolución da Dirección da Agadic, do día 22 de xaneiro de 2026, para o estudo e a análise das solicitudes e a documentación complementaria.
4. O día 4 de febreiro de 2026, unha vez instruído o procedemento e entregado o informe preceptivo por parte da Comisión avaliadora, a Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais (en diante, Agadic), como órgano instrutor, ditou unha proposta de resolución na cal se indica o número de solicitudes presentadas, admitidas, inadmitidas e/ou desistidas, as solicitudes susceptibles de percibir subvención e o importe económico que se propón para cada unha delas.
Consideracións legais e técnicas:
1. É competente para a resolución de concesión da axuda o presidente do Consello Reitor da Agadic, de conformidade co disposto no artigo 18.2 da Resolución do 16 de decembro de 2021, que establece que o presidente do Consello Reitor da Agadic, por delegación do Consello Reitor (disposición adicional do Acordo do 24 de xullo de 2012, DOG nº 164), deberá ditar resolución expresa no prazo de 15 días desde a data da proposta de resolución.
2. Todos os expedientes de solicitudes de subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada recibidos ao abeiro da convocatoria para o ano 2026, co código de procedemento CT402D, foron tramitados e estudados conforme as bases desta.
3. O día 29 de xaneiro de 2026, a Comisión avaliadora reúnese para avaliar as solicitudes conforme os criterios de valoración expresados no artigo 16 da convocatoria e emite a súa acta e o correspondente informe.
4. Como resultado de todo o proceso, a Dirección da Agadic presenta a súa proposta de resolución o día 4 de febreiro de 2026.
Por todo o anteriormente exposto, logo de examinar a proposta de resolución da Dirección da Agadic, e de conformidade con ela,
RESOLVO:
1. Dar por desistida da súa solicitude a entidade que se relaciona no anexo II pola causa que nel se expresa.
2. Admitir as solicitudes que se relacionan no anexo III por cumprir os requisitos establecidos pola convocatoria.
3. Conceder a subvención, cos importes que se expresan, ás entidades solicitantes que se relacionan no anexo V.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderanse interpor os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:
a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Agadic. O prazo para interpor o recurso de reposición será dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG. Unha vez transcorrido o devandito prazo, unicamente se poderá interpor recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo, de ser o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.
b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución.
Esta resolución notificaráselles ás persoas beneficiarias de xeito complementario á súa publicación.
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2026. José Carlos López Campos, presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais.
ANEXO I
Solicitudes presentadas
|
Nº de expediente |
NIF |
Persoa solicitante |
Proxecto da sala |
|
CT402D/2026SA/1 |
B75624320 |
Lasala Clubdirecto, S.L. |
Contratación grupos |
|
CT402D/2026SA/2 |
B09950072 |
Sala Ártika, S.L. |
Sala Ártika 2026-2027 |
|
CT402D/2026SA/3 |
B70061403 |
Gurugú Produccións, S.L. |
Programación Sala Gurugú bienio 2026-2027 |
|
CT402D/2026SA/4 |
B15809619 |
Teatro del Andamio, S.L. |
Actividades 2026-2027 |
|
CT402D/2026SA/5 |
B36920247 |
Teatro Ensalle, S.L.L. |
Programación Sala Teatro Ensalle 2026-2027 |
ANEXO II
Solicitudes desistidas
|
Nº expediente |
NIF |
Persoa solicitante |
Proxecto da sala |
Causa de desistencia |
|
CT402D/2026SA/1 |
B75624320 |
Lasala Clubdirecto, S.L. |
Contratación grupos |
Artigo 8 punto 2 das bases reguladoras |
ANEXO III
Solicitudes admitidas para avaliación pola Comisión de Avaliación
|
Nº de expediente |
NIF |
Persoa solicitante |
Proxecto da sala |
|
CT402D/2026SA/2 |
B09950072 |
Sala Ártika, S.L. |
Sala Ártika 2026-2027 |
|
CT402D/2026SA/3 |
B70061403 |
Gurugú Produccións, S.L. |
Programación Sala Gurugú bienio 2026-2027 |
|
CT402D/2026SA/4 |
B15809619 |
Teatro del Andamio, S.L. |
Actividades 2026-2027 |
|
CT402D/2026SA/5 |
B36920247 |
Teatro Ensalle, S.L.L. |
Programación Sala Teatro Ensalle 2026-2027 |
ANEXO IV
Solicitudes por orde de prelación segundo a puntuación obtida
|
Solicitante |
Puntuación total |
|
Sala Ártika, S.L. |
41,95 |
|
Teatro Ensalle, S.L.L. |
36,20 |
|
Teatro del Andamio, S.L. |
33,55 |
|
Gurugú Produccións, S.L. |
27,70 |
ANEXO V
Solicitudes subvencionadas con indicación do importe e da distribución por anualidades
|
Beneficiaria |
Proxecto da sala |
Puntos |
Concedido 2026 |
Concedido 2027 |
Concedido total |
|
Sala Ártika, S.L. |
Sala Ártika 2026-2027 |
41,95 |
75.000,00 |
75.000,00 |
150.000,00 |
|
Teatro Ensalle, S.L.L. |
Programación Sala Teatro Ensalle 2026-2027 |
36,20 |
74.517,76 |
74.517,77 |
149.035,53 |
|
Teatro del Andamio, S.L. |
Actividades 2026-2027 |
33,55 |
38.302,47 |
38.302,46 |
76.604,93 |
|
Gurugú Produccións, S.L. |
Programación Sala Gurugú bienio 2026-2027 |
27,70 |
27.179,77 |
27.179,77 |
54.359,54 |
