De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto adoptouno a xefa da Sección de Inspección e Sancións da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 9 de febreiro de 2026
Margarita Cabaleiro Viñas
Xefa da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
NIF |
Acto obxecto de notificación |
|
PO-2004/010, conta 149 (P-093/11) |
X3287525C |
Requirimento de pagamento |
|
PO-2004/010, conta 306 (P-051/15) |
X6257142S |
Requirimento de pagamento |
|
PO2015010, conta 26 (P-042/25) |
36129273E |
Requirimento de pagamento |
|
PO2005/702, conta 14 (P-106/12) |
35677330Y |
Requirimento de pagamento |
|
PO36SAREB041, conta 1 (P-018/18) |
76934855Q |
Requirimento de pagamento |
