A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data 19 de decembro de 2025, ditou resolución pola que se impón unha cuarta multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número OUR/74/2018-RP1 (procedemento de execución forzosa OU-0151-2025).
Ao non poderse realizar a notificación da resolución á persoa interesada con DNI número 34970516M, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, no Edifício Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra esta resolución, a persoa interesada pode interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producida a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante sección do contencioso-administrativo do tribunal de instancia en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1 regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste, e lle sirva de notificación á citada persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2026
María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
