O Concello Pleno na sesión ordinaria do 4 de febreiro de 2026 adoptou o seguinte acordo:
Primeiro. Aprobar a modificación do uso dotacional público da parcela municipal sita en solo rústico de protección agropecuaria coa seguinte referencia catastral 15069C502005000000BR, en lugar dos Melcos, Langueirón, de uso do Sistema local de espazos libres e zonas verdes (SLEL-08-01 (Pb) a un Sistema local de equipamento educativo e sociocultural.
Alterar con este fin o réxime de usos do plano OD-IV-N13 do PXOM de Ponteceso.
Segundo. Publicar este acordo no DOG e remitir referencia do anuncio publicado ao Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia para os efectos oportunos e, unha vez inscrita a alteración, publicala integramente no BOP da Coruña.
Terceiro. O que se fai público para a súa executividade e comunícase que contra o citado acordo, que pon fin á vía administrativa, quen se considere lexitimado poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, perante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia da Coruña, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, consonte o establecido nos artigos 10.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Todo isto sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.
Ponteceso, 4 de febreiro de 2026
José Manuel Mato Martínez
Alcalde
