En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Rosa Riveiro Abal en representación da Comunidade de Usuarios do Lugar de Fofán.
Expediente: DH.A36.106990.
Volume total anual: 2.034,00 m³/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,097 l/s.
Destino: abastecemento.
Orixe: manancial na parcela 38461, polígono 221 do Catastro de Meis.
Lugar: Fofán.
Parroquia: A Armenteira.
Concello: Meis.
Descrición:
A auga cáptase nunha arqueta con aros de formigón e condúcese a unha caseta na parcela 38738, polígono 221, que contén quince (15) depósitos individuais dos cales parten conducións ás vivendas. O sobrante segue a fonte na parcela 38717, polígono 221.
O proxecto pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 5 de febreiro de 2026
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
