DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 3 de marzo de 2026 Páx. 16121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción polo vencemento do prazo de concesión de augas (expediente DH.A36.11117 e oito máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción polo transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente DH.A36.11117 e oito máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m3)
ou QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

DH.A36.11117

Ciriaco Garrido Romero

0,08 l/s

Manancial

Rega

L: San Cibrán
P: Donas (Santa Baia)
C: Gondomar

DH.A36.10978

Constantino González García
José Arosa Castro

0,09 l/s

Manancial

Rega

L: Eiravedra
P: Xil (Santa Eulalia)
C: Meaño

DH.A36.13015

Acacio Jorge González Troncoso

0,014 l/s

Manancial

Doméstico

L: Pedra Queimada
P: Forzáns (San Fiz)
C: Ponte Caldelas

DH.A36.13861

María Adosinda Fraguas Pazos

0,01 l/s

Manancial

Doméstico

L: A Vila de Abaixo
P: Sacos (Santa María)
C: Cerdedo-Cotobade

DH.A36.10751

Emilio Torres Hermida

0,034 l/s

Fonte pública

Rega

L: Vilaza
P: Vilaza (Santa María)
C: Gondomar

DH.A36.10621

Manuel González Castro

0,0016 l/s

Manancial

Rega

L: O Gallamonde
P: San Clemente de Cesar
C: Caldas de Reis

DH.A36.4868

Comunidade de Usuarios de Cidadelle-Chapela

2,23 l/s

Trinta mananciais

Doméstico

L: Cidadelle
P: Chapela (San Fausto)
C: Redondela

DH.A36.13891

Cándida Rodríguez Barreiro

0,01 l/s

Mina

Doméstico

L: A Pasada
P: Rebón (San Pedro)
C: Moraña

DH.A36.14452

María del Carmen Oro Coego

0,01 l/s

Manancial

Doméstico

L: A Lama
P: Basadre (Santa María)
C: Agolada