DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 4 de marzo de 2026 Páx. 16169

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2026, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento TR341Q).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, a finalidade da subvención, o beneficiario e a cantidade concedida.

En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, por delegación do conselleiro

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 13.30.322C.770.0, da Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento TR341Q).

Publicaranse na web as listaxes da concesión de axudas, con indicación da convocatoria, da persoa beneficiaria e da cantidade concedida da subvención outorgada. As persoas interesadas poden acceder á dita web na seguinte ligazón:

https://conselleriaemprego.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego/bono-traballadoras-autonomas

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2026

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais