O artigo 40.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, dispón que as sancións impostas por infraccións moi graves, unha vez firmes, se farán públicas na forma que se determine regulamentariamente.
O Real decreto 597/2007, do 4 de maio, desenvolve o anterior mandato legal establecendo as formalidades necesarias para darlles publicidade ás sancións impostas por infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais.
A Orde da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, do 30 de xullo de 2008 (DOG nº 152, do 7 de agosto), executa e desenvolve determinados aspectos do citado real decreto, fundamentalmente na determinación do órgano competente para ordenar a publicidade das sancións, os medios para a súa publicación e a creación do Rexistro público en que se inscribirán as sancións impostas por infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais.
Ao abeiro dos preceptos citados, e conforme o establecido no artigo 2.3 da Orde da Consellería de Traballo do 30 de xullo de 2008, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
RESOLVE:
1. Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da sanción imposta a Herederos de Ignacio de la Iglesia, S.L.U. na Resolución do 10.9.2019, da Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e que adquiriu firmeza en vía xudicial o 4.2.2026, coa inclusión dos seguintes datos:
– Nome ou razón social da empresa: Herederos de Ignacio de la Iglesia, S.L.U.
– Sector da actividade e CNAE: fabricación doutra maquinaria de uso xeral NCOP (2829).
– CIF: B15037815.
– Domicilio social: avenida do Embalse, parcela 88-91. 15141 Arteixo (A Coruña).
– Infracción cometida: non adoptar calquera outra medida preventiva aplicable ás condicións de traballo en execución da normativa sobre prevención de riscos laborais de que derive un risco grave e inminente para a seguridade e saúde dos traballadores. A dita infracción está tipificada e cualificada como moi grave no artigo 13.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.
– Importe da sanción económica imposta: 40.986 euros.
– Data da extensión da acta de infracción: 16.4.2012.
– Data da firmeza da sanción: 4.2.2026.
2. Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da sanción imposta a Grúas Usabiaga, S.A. en calidade de responsable solidario na Resolución do 10.9.2019, da Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e que adquiriu firmeza en vía xudicial o 4.2.2026, coa inclusión dos seguintes datos:
– Nome ou razón social da empresa: Grúas Usabiaga, S.A.
– Sector da actividade e CNAE: alugamento de maquinaria e equipo para a construción e enxeñaría civil (7732).
– CIF: A20154191.
– Domicilio social: estrada Zaldibia, s/n. 20240 Ordizia (Gipuzkoa).
– Infracción cometida: non adoptar calquera outra medida preventiva aplicable ás condicións de traballo en execución da normativa sobre prevención de riscos laborais de que derive un risco grave e inminente para a seguridade e saúde dos traballadores. A dita infracción está tipificada e cualificada como moi grave no artigo 13.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.
– Importe da sanción económica imposta: 40.986 euros.
– Data da extensión da acta de infracción: 16.4.2012.
– Data da firmeza da sanción: 4.2.2026.
3. Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da sanción imposta a UTE Langosteira en calidade de responsable solidario na Resolución do 10.9.2019, da Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e que adquiriu firmeza en vía xudicial o 4.2.2026, coa inclusión dos seguintes datos:
– Nome ou razón social da empresa: UTE Langosteira.
– Sector da actividade e CNAE: outras actividades asociativas NCOP (9499).
– CIF: U15974686.
– Domicilio social: avenida Fisterra, 25, 1º andar. 15004 A Coruña.
– Infracción cometida: non adoptar calquera outra medida preventiva aplicable ás condicións de traballo en execución da normativa sobre prevención de riscos laborais de que derive un risco grave e inminente para a seguridade e saúde dos traballadores. A dita infracción está tipificada e cualificada como moi grave no artigo 13.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.
– Importe da sanción económica imposta: 40.986 euros.
– Data da extensión da acta de infracción: 16.4.2012.
– Data da firmeza da sanción: 4.2.2026.
4. Acordar a incorporación dos datos anteriores ao Rexistro público de empresas sancionadas pola comisión de infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais, de acordo co disposto no artigo 2.4 da Orde da Consellería de Traballo do 30 de xullo de 2008.
Os datos rexistrais correspondentes á sanción imposta cancelaranse aos cinco anos contados desde o día seguinte á data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 4.5 da Orde da Consellería de Traballo do 30 de xullo de 2008.
Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2026
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
