DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 6 de marzo de 2026 Páx. 16799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PO 420/2025, en relación co proceso selectivo extraordinario para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia; no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, e para o ingreso nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia.

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Primeira, polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 420/2025, en relación co proceso selectivo extraordinario para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia; no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, e para o ingreso nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG número 244, do 26 de decembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos á referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal