En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Juan José Pena Barros, en representación da Comunidade de Usuarios do Lugar de San Martiño.
Expediente: DH.A36.112108.
Volume total anual: 7.422,30 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,67 l/s.
Destino: abastecemento.
Orixe: nove (9) mananciais.
M1, M2 en parcela 266, polígono 5.
M3 en parcela 166, polígono 5.
M4, M5 en parcela 226, polígono 5.
M6, M7, M8, M9 en parcela 381, polígono 5.
Todas son do catastro de Caldas de Reis.
Lugar: San Martiño.
Parroquia: Arcos da Condesa.
Concello: Caldas de Reis.
Descrición:
A auga das captacións reúnese para conducila a depósito na parcela 67, polígono 4, desde o cal se distribúe ás vivendas que abastece a Comunidade no lugar de San Martiño (Caldas de Reis).
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 16 de xaneiro de 2026
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
