DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 6 de marzo de 2026 Páx. 16823

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente DH.A36.5950 e sete máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas interesadas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, por ter expirado o prazo concesional, ditados no expediente DH.A36.5950 e sete máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, núms. 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

Data do acordo

DH.A36.5950

Comunidade de Usuarios de Souto

23.1.2026

DH.A36.4687

Edelmiro Cores González

23.1.2026

DH.A15.18581

Domingo Antonio Abeleira Alén

23.1.2026

DH.A15.18347

Rafael Vicente Fraga Fariñas

23.1.2026

DH.A15.15056

Carmen Pedreira Barreiro

23.1.2026

DH.A15.17228

Manuel Rodríguez García

23.1.2026

DH.A15.18203

Balbina Outeiro Varela

23.1.2026

DH.A36.7846

Dolores Ribas Outeda e José Pazos Canay

23.1.2026