De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas interesadas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, ditado no expediente 2610-F-202 e oito máis.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleito de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, núms. 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.
As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2026
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Nº de expediente |
Titular |
Data do acordo |
|
2610-F-202 |
José García Piñón e Andrés Lourido Villernovo |
23.1.2026 |
|
E-171B-C |
Amalia García López e outros |
23.1.2026 |
|
E-131B-C |
Amalia García López |
23.1.2026 |
|
E-60-70A-C |
Eduardo Montero Candocia |
23.1.2026 |
|
E-60-70-C |
Eduardo Montero Candocia |
23.1.2026 |
|
E-1847-C |
José Rosende García e outros |
23.1.2026 |
|
E-1779-C |
Manuel Lema Canosa |
23.1.2026 |
|
E-1836-C |
José Rodríguez Fraga |
23.1.2026 |
|
E-1947-C |
José Antonio Doval Abad e Gerardo Doval Abad |
23.1.2026 |
