DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 6 de marzo de 2026 Páx. 16739

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2026 pola que se lles dá publicidade aos convenios subscritos no terceiro cuadrimestre do exercicio 2025.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade deberá publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referidos ao cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica no terceiro cuadrimestre do exercicio 2025, a cal se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2026

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Convenio

Data

sinatura

Importe (€)

2025

2026

2027

2028

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación Área Empresarial do Tambre para o impulso do polo da Sionlla

15.10.2025

100.000,00

Convenio entre a Fundación Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña e o Instituto Galego de Promoción Económica para o desenvolvemento de actuacións en materia de empresa e innovación

20.11.2025

30.000,00

Addenda ao convenio, asinado o 29 de decembro de 2022, entre a Fundación Empresa-Universidad Gallega (Feuga) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para a habilitación dun espazo común para clústeres (AT Clústeres Espazo Galicia)

24.11.2025

2.823,16

16.938,97

16.938,97

14.115,81

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Banco Santander, S.A. para impulsar a colaboración coa Oficina Económica de Galicia en proxectos empresariais

3.12.2025

Sen achega económica

Addenda para a prórroga do convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Banco de Sabadell, S.A. para impulsar a colaboración coa Oficina Económica de Galicia en proxectos empresariais

30.12.2025

Sen achega económica

Addenda para a prórroga do convenio, asinado o 13 de marzo de 2025, entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Asociación de Empresarios Gallegos de Cataluña (Aega-Cat) para o fomento da cooperación entre empresarios de orixe galega de Cataluña e empresarios galegos de Galicia

30.12.2025

20.000,00

Addenda para a prórroga do convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Asociación de Empresarios Gallegos de Madrid (Aegama) para o fomento da cooperación entre empresarios de orixe galega de Madrid e empresarios galegos de Galicia

30.12.2025

22.000,00

Addenda para a prórroga do convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación de Empresarios Gallegos del Uruguay (Aegu) para o fomento da cooperación entre empresarios de orixe galega de Uruguai e empresarios galegos de Galicia

30.12.2025

30.000,00