DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 9 de marzo de 2026 Páx. 17114

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 19 de febreiro de 2026, do Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios de Lugo, polo que se notifica o prego de cargos do expediente disciplinario 7/25-M.

A instrutora do Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios de Lugo formulou o prego de cargos do expediente disciplinario 7/25-M, cuxa incoación foi acordada pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade o 3 de xuño de 2025.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada a notificación do prego de cargos no domicilio da persoa interesada con documento nacional de identidade 33507214D, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Para tal efecto, a persoa interesada, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, poderá exercer o seu dereito de vista de expediente, formular alegacións e presentar os documentos e xustificantes que xulgue pertinentes. O prego de cargos e os documentos incluídos no procedemento, que reflicten as actuacións efectuadas por esta instrutora, dos cales poderá obter copia se o considera, estarán ao dispor da persoa interesada nas dependencias da Inspección de Servizos Sanitarios da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia en Lugo, sita na rúa María Balteira, núm.1, 1º andar, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Poderá igualmente facer efectivo este trámite solicitando a remisión da documentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (notifica.xunta.gal).

Transcorrido o dito prazo, terase por efectuado o trámite de acordo co artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e continuarase co procedemento que se entenderá producido desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 19 de febreiro de 2026

Manuela Guillén García
Instrutora do Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios de Lugo