DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 9 de marzo de 2026 Páx. 17082

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente PR212E/2025/01531 e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo. A eficacia desta resolución queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As resolucións dos expedientes relacionados están á disposición das persoas interesadas para que poidan consultalas no Departamento Territorial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.

Tales resolucións non esgotan a vía administrativa, polo que cabe formular contra elas recurso de alzada, ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, as resolucións serán firmes.

Pontevedra, 20 de febreiro de 2026

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/Pasaporte

PR212E/2025/01531

F0705122

PR212E/2025/02304

BD292619

PR212E/2025/02304

77460401N

PR212E/2025/03135

35574084F

PR212B/2026/00024

36162550H

PR212E/2026/00367

76925775K

PR212B/2026/00435

36160899T