Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», notifícaselles ás persoas interesadas sinaladas no anexo a consignación de depósitos previos á ocupación, a data de ocupación, o inicio dos prazos de mutuo acordo e de presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LAT 66 kV evacuación parque eólico Olerón (expediente IN408A 2020/121).
As persoas interesadas poderán solicitar copia da acta previa á ocupación, da folla de valoración do depósito previo á ocupación, do xustificante da súa consignación, así como o levantamento do dito depósito ante o Servizo de Coordinación de Enerxías Renovables da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático achegando xunto coa solicitude copia do DNI, documentación acreditativa da titularidade do predio e certificación bancaria que indique o número de conta para efectuar o ingreso. O importe do dito depósito previo, no caso de non ser retirado neste momento, poderá aboarse tamén no momento en que se efectúe o pagamento do prezo xusto (para o que será oportunamente citado). Este importe non se corresponde coa cantidade ofertada pola entidade beneficiaria nin coa que, no seu día, determine o Xurado de Expropiación de Galicia como prezo xusto, senón coa cantidade previa legalmente exixida para autorizar a ocupación dos predios.
Así mesmo, de acordo co artigo 24 da LEF, os titulares dos predios indicados no anexo dispoñen de 15 días desde este anuncio para convir libremente e por mutuo acordo o prezo da expropiación coa entidade beneficiaria, sen prexuízo de que en calquera fase posterior da tramitación poidan chegar a ese mutuo acordo. Cumprido o referido prazo, e de acordo co artigo 29 da Lei de expropiación forzosa, os titulares quedan formalmente requiridos, para que no prazo de 20 días presenten a folla de aprecio na que concreten o valor da indemnización que consideren que lles corresponde sobre o ben obxecto de expropiación. A folla de valoración deberá estar debidamente motivada, e poderá estar avalada coa sinatura dun perito que reúna os requisitos establecidos no artigo 31 do Regulamento da Lei de expropiación (Decreto do 26 de abril de 1957). No caso de non presentar a dita folla de valoración no prazo sinalado, esta Administración procederá conforme o establecido no artigo 30.2 da Lei de expropiación forzosa.
Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2026
Manuela Fernández Caloto
Xefa do Servizo de Coordinación de Enerxías Renovables
ANEXO
Relación de persoas interesadas ás que se dirixe a presente notificación
Núm. de expediente: IN408A 2020/121.
Denominación do proxecto: LAT 66 kV evacuación parque eólico Olerón.
Beneficiaria: Norvento, S.L.U.
Situación: concellos de Rois, Lousame e Noia (A Coruña).
|
Predio |
Concello |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Data da ocupación |
|
18a |
Rois |
Polígono:161 Parcela: 105 |
Descoñecido |
18.12.2025 |
|
32a |
Rois |
Polígono:161 Parcela:189 |
Descoñecido |
18.12.2025 |
|
36 |
Rois |
Polígono: 161 Parcela: 380 |
Hdros. de Esperanza Crespo |
18.12.2025 |
|
44 |
Rois |
Polígono:161 Parcela: 397 |
Foján Barreiro, Francisco |
18.12.2025 |
|
45 |
Rois |
Polígono: 161 Parcela: 399 |
Descoñecido |
18.12.2025 |
|
45a |
Rois |
Polígono: 161 Parcela: 401 |
Descoñecido |
18.12.2025 |
|
50 |
Rois |
Polígono: 161 Parcela: 400 |
Descoñecido |
18.12.2025 |
|
52 |
Rois |
Polígono: 161 Parcela: 404 |
Crespo Gambino, Oliva |
18.12.2025 |
|
86a |
Rois |
Polígono:34 Parcela: 35 |
Descoñecido |
18.12.2025 |
|
86b |
Rois |
Polígono: 34 Parcela: 37 |
Descoñecido |
18.12.2025 |
|
87a |
Rois |
Polígono: 34 Parcela: 30 |
Descoñecido |
18.12.2025 |
|
87b |
Rois |
Polígono: 34 Parcela: 31 |
Descoñecido |
18.12.2025 |
|
89a |
Rois |
Polígono: 34 Parcela: 77 |
Descoñecido |
18.12.2025 |
|
89d |
Rois |
Polígono: 34 Parcela: 82 |
Descoñecido |
18.12.2025 |
|
89e |
Rois |
Polígono: 34 Parcela: 83 |
Descoñecido |
18.12.2025 |
|
89f |
Rois |
Polígono: 34 Parcela: 84 |
Descoñecido |
18.12.2025 |
|
94 |
Rois |
Polígono: 34 Parcela: 62 |
Descoñecido |
18.12.2025 |
|
107a |
Rois |
Polígono: 506 Parcela: 741 |
Descoñecido |
18.12.2025 |
|
120 |
Rois |
Polígono: 29 Parcela: 49 |
Descoñecido |
18.12.2025 |
|
125 |
Rois |
Polígono: 29 Parcela: 160 |
Descoñecido |
18.12.2025 |
|
148 |
Lousame |
Polígono: 3 Parcela: 334 |
Descoñecido |
18.12.2025 |
|
149 |
Lousame |
Polígono: 3 Parcela: 333 |
Descoñecido |
18.12.2025 |
|
150 |
Lousame |
Polígono: 3 Parcela: 330 |
Descoñecido |
18.12.2025 |
|
150a |
Lousame |
Polígono: 3 Parcela: 329 |
Descoñecido |
18.12.2025 |
|
151 |
Lousame |
Polígono: 3 Parcela: 336 |
Descoñecido |
18.12.2025 |
|
158 |
Lousame |
Polígono: 3 Parcela: 385 |
Carnota Carnota, Amelia |
18.12.2025 |
|
169a |
Lousame |
Polígono: 1 Parcela: 9 |
Descoñecido |
18.12.2025 |
|
179b |
Noia |
Polígono: 55 Parcela: 1013 |
Descoñecido |
18.12.2025 |
|
218a |
Noia |
Polígono: 1 Parcela: 515 |
Nimo Tomé, José Francisco |
18.12.2025 |
|
219a |
Noia |
Polígono: 1 Parcela: 517 |
Rial Gueto, Fernando |
18.12.2025 |
|
250a |
Noia |
Polígono: 4 Parcela: 887 |
Descoñecido |
18.12.2025 |
