En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta dirección territorial o 6 de febreiro de 2026 resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación do artigo 39 dos estatutos sociais relativo ao capital social mínimo da entidade Bodega Cooperativa Jesús Nazareno, S. Coop. Galega, adoptado na reunión da asemblea xeral do 21 de decembro de 2025. O novo capital social mínimo é 170.000,00 €.
Ourense, 6 de febreiro de 2026
Marta Vázquez Guzmán
Directora territorial de Ourense
