DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 9 de marzo de 2026 Páx. 17076

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2026 pola que se modifica a Comisión de Avaliación do concurso específico de méritos para a provisión de postos de traballo de persoal técnico, de xestión e de administración e servizos, persoal funcionario, correspondentes aos subgrupos A1, A2 e C1.

Mediante a Resolución da Xerencia, do 16 de xuño de 2025 (DOG núm. 120, do 25 de xuño), convócase concurso específico de méritos para a provisión de postos de traballo de persoal técnico, de xestión e de administración e servizos, persoal funcionario, correspondentes aos subgrupos A1, A2 e C1.

Mediante a Resolución do 28 de xullo de 2025 (DOG núm. 148, do 5 de agosto) noméase a Comisión de Avaliación do citado concurso.

Á vista da renuncia presentada por Raquel María Souto García, o xerente, no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen pola Resolución reitoral do 21 de abril de 2022 sobre delegación de competencias en determinados órganos universitarios (DOG do 26 de abril),

RESOLVE:

Primeiro. Aceptar a renuncia de Raquel María Souto García como vogal da Comisión de Avaliación.

Segundo. Nomear a Antonio Lamas Fernández como vogal da citada comisión de avaliación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2026

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución reitoral do 21.4.2022; DOG do 26 de abril)
Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela