DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 10 de marzo de 2026 Páx. 17368

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2026, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifica a folla de aprecio fundada da Administración ao non se poder efectuar as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra Acondicionamento da AC-421 en Agualada, no concello de Coristanco, AC/23/091.10.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, resultando infrutuosos os intentos de notificación e/ou descoñecido o domicilio dos titulares, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a folla de aprecio fundada da Administración efectuada no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra Acondicionamento da AC-421 en Agualada (Coristanco), clave AC/23/091.10, no concello de Coristanco.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Coruña da AXI sita na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da folla de aprecio fundada da Administración e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 24 de febreiro de 2026

Felipe de la Vega Gándara
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Clave de obra

Predio

Referencia catastral

Persoa interesada

AC/23/091.10

4

15052A02300098

32244291Q

AC/23/091.10

10

15052A02300100

32244398P