DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 10 de marzo de 2026 Páx. 17244

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, do corpo facultativo/a superior, escala de facultativos/as, especialidades de medicina, de psicoloxía e de pedagoxía; no corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos/as facultativos/as, especialidades de enfermaría, de fisioterapia, de traballo social, de educador/a social e de terapia ocupacional; no corpo de axudantes de carácter facultativo, escala técnica de gobernantes/as, especialidade de gobernante/a; e no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliares de clínica.

Mediante a Resolución do 15 de outubro de 2025 (DOG núm. 204, do 22 de outubro) publicouse a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior, escala de facultativos/as, especialidades de medicina, de psicoloxía e de pedagoxía; no corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos/as facultativos/as, especialidades de enfermaría, de fisioterapia, de traballo social, de educador/a social e de terapia ocupacional; no corpo de axudantes de carácter facultativo, escala técnica de gobernantes/as, especialidade de gobernante/a; e no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliares de clínica da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 15 de xullo de 2025 (DOG núm. 139, do 22 de xullo).

Transcorrido o prazo establecido nas bases para presentar reclamacións á exclusión das listas provisionais, esta dirección xeral, no uso da competencia delegada pola Consellería de Facenda e Administración Pública en virtude do disposto no artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro),

RESOLVE:

Aprobar a relación definitiva de persoas solicitantes admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior, escala de facultativos/as, especialidades de medicina, de psicoloxía e de pedagoxía; no corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos/as facultativos/as, especialidades de enfermaría, de fisioterapia, de traballo social, de educador/a social e de terapia ocupacional; no corpo de axudantes de carácter facultativo, escala técnica de gobernantes/as, especialidade de gobernante/a; e no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliares de clínica.

A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica, na epígrafe de concurso de traslados.

A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexo desta resolución.

As respostas ás reclamacións poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions, co DNI e co código da reclamación formulada.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante as seccións da orde xurisdicional contencioso-administrativa do tribunal de instancia correspondente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Motivo da exclusión

Barreira

Bascoy

Manuel

***3319**

84

Caamaño

Pérez

Iria

***3287**

84

Cea

Gosenge

María Cruz

***1578**

84

Cerqueiro

Costa

Sandra Manuela

***3302**

84

Cid

López

Inés

***6391**

4

Da Silva

Vecino

Jonatan

***6854**

55, 84

Fagín

González

María Luz

***5926**

4, 11, 12

Fernández

Martínez

Alberto

***9389**

84

Figueroa

Espiñeira

María del Carmen

***5954**

12

García

Domínguez

Carlos

***2700**

55, 84

García

Lago

María

***0390**

4, 11, 12

Goas

Melle

Marcelo

***7302**

84

Lago

Romero

Raquel

***2508**

84

Lamas

Fariñas

María del Carmen

***2671**

41, 84

López

Montero

Salomé

***1530**

84

López

Nogueira

Zaida

***0855**

55, 73, 84, 114

Medina

Herrera

María Carmen

***7251**

4

Ocampo

López

Cristina

***6127**

84

Real

Bernárdez

Ana María

***4642**

73, 84, 114

Rey

Vázquez

María Fátima

***5545**

84

Rocha

Soto

María Pilar

***2765**

12

Rodríguez

Sío

Beatriz

***6114**

12

Seijas

Fernández

María Olguita

***0798**

84

Soutullo

García

Amelia

***8535**

4, 12

Veiga

Rodeiro

Sergio

***0617**

84

Vidal

Rodríguez

Margarita

***7491**

12

Vilaboa

Gandoy

María Carmen

***1429**

84

Relación das causas de exclusión:

Cód. causa

Causa de exclusión

4

Falta nomeamento para o corpo/escala desde o que concursa

11

O tipo de relación laboral non corresponde ao tipo de concurso

12

O corpo-escala, a relación de servizo ou o tipo de admón. non corresponde ás do concurso

13

Non cumpre o tempo exixido no posto definitivo

41

Non cumpre os requisitos da base I.1

55

Non reúne os requisitos exixidos na base I da convocatoria

73

Non achega a copia da solicitude do condicionado

84

Nomeamento provisional no seu proceso selectivo

114

Falta ou non é válida a documentación da xustificación da solicitude condicionada