De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas o emprazamento para o trámite de audiencia co fin de ditar a oportuna resolución do expediente de cancelación individual. A eficacia do emprazamento queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días hábiles desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado para formular as alegacións e xustificacións que consideren oportunas. Para isto, teñen á súa disposición os expedientes relacionados no Departamento Territorial da Coruña, sito na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 15008 A Coruña.
Unha vez transcorrido este prazo e, á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.
A Coruña, 20 de febreiro de 2026
María del Mar Ferreiro Broz
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/Pasaporte |
|
AC-PR212E/2025/03504 (AC-2019/00524) |
49684819N |
|
AC-PR212E/2026/00287 (AC-2023/00470) |
S717428 |
|
AC-PR212E/2026/00483 (AC-2017/00583) |
Y1294160X |
