Con data do 3 de novembro de 2025 o Departamento Territorial de Lugo ditou resolución, pola que se outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., as autorizacións administrativas previas e de construción, e se recoñece, en concreto, a utilidade pública, da instalación eléctrica denominada LMTA, CTI e RBT Chavaga, no concello de Monforte de Lemos.
Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
De acordo co anterior, este departamento territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a este acordo e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Monforte de Lemos deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso do 10 de xuño de 2025 e no Diario Oficial de Galicia do 12 de xuño de 2025, para que comparezan o día 20 de maio de 2026 no Concello de Monforte de Lemos sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.
Desta convocatoria darase traslado as persoas interesadas mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará o día e a hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Monforte de Lemos estará exposta a data do levantamento das actas. Todas as persoas interesadas, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, e poderán ir acompañadas dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).
Así mesmo, advírteselles a todas as persoas interesadas que poderán formular alegacións por escrito neste departamento territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE) e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 16 de febreiro de 2026
Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Nº do predio |
Polígono |
Parcela |
Lugar |
Cultivo |
Propietario/s |
Data das actas |
Hora |
|
1 |
38 |
515 |
Monticelo |
Monte alto |
Francisco Javier Amigo López |
20.5.2026 |
10.45 |
|
2 |
38 |
571 |
Monticelo |
Monte alto |
Gonzalo Rodríguez López |
10.00 |
|
|
3 |
38 |
518 |
Monticelo |
Monte alto |
Hdros. de Serafín Vázquez Macía |
10.30 |
|
|
4 |
38 |
521 |
Monticelo |
Monte alto |
Hdros. de Julia López Centeno |
11.30 |
|
|
5 |
38 |
500 |
Barxa |
Monte alto |
Hdros. de Serafín Vázquez Macía |
10.30 |
