De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e quedarán supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior e logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (Reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 23 de febreiro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
|
Interesado/a |
Núm. expediente |
Acto que se notifica |
Concello |
|
47384228L |
IN635A 2025/000631-1 |
Alegacións |
Culleredo |
|
32829342Q |
IN635A 2025/000682-1 |
Alegacións |
A Coruña |
|
33133111R |
IN635A 2025/000705-1 |
Alegacións |
Boimorto |
|
32414645D |
IN635A 2025/000717-1 |
Alegacións |
A Coruña |
|
47435070P |
IN635A 2025/000738-1 |
Alegacións |
A Coruña |
