A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ditou con data do 17 de decembro de 2025 a resolución do procedemento sancionador que se indica, por infracción tipificada na Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (LPCG). Intentada a notificación persoal desta resolución, non foi posible efectuala.
Por este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase a persoa interesada que se indica no anexo para ser notificada por comparecencia do acto cuxo contido se indica. A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Vixilancia e Inspección da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, na Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, no Edificio Administrativo San Caetano, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, en Santiago de Compostela.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no dito taboleiro de edictos único. Transcorrido o prazo sinalado sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.
Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2026
Ángel Miramontes Carballada
Director xeral de Patrimonio Cultural
ANEXO
Procedemento sancionador: S-L-05.25 Guntín (Lugo).
DNI/CIF da persoa interesada: 33304439W.
Acto notificado: resolución de procedemento sancionador.
