A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 19 de febrero de 2026, acordou aprobar inicialmente o documento denominado Estudo de detalle para a ordenación do volume edificable na parcela 5D da rúa Emilio González López, polígono dos Rosais-A Coruña. Xaneiro 2026, promovido pola Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A. e redactado polos arquitectos Mónica Mesejo Conde, Alfredo Garrote Pazos e Sara Prieto Hortas.
En cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, na epígrafe de publicidade oficial, taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, información urbanística; na páxina web de Urbanismo na epígrafe de exposición pública, e no visor de desenvolvemento PXOM 2013. Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), das 9.00 ás 13.00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 3 de marzo de 2026
A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño;
BOP núm. 123, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro delegado responsable da Área
de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda
