Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46 emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto obxecto de notificación foi adoptado polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 24 de febreiro de 2026
Luis Guillermo Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
DNI/NIE/NIF |
Acto obxecto de notificación |
|
3/26 |
33293162H |
Acordo de inicio |
|
4/26 |
11968202Z |
Acordo de inicio |
