DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 11 de marzo de 2026 Páx. 17549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 16 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 544-E.

Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da directora territorial da Consellería do Mar en Vigo, do 13 de febreiro de 2026, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:

Identificación e localización: parcela número 544-E dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 832,68 m².

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: mortis causa (mediante pacto sucesorio de mellora).

Actuais titulares: Paula Mariño Doval (***7787**) e María Guadalupe Doval Irago (***5728**).

Novas titulares: Paula Mariño Doval (***7787**) e Lara González Doval (***5728**).

As novas titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas das anteriores.

Vigo, 16 de febreiro de 2026

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo