De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 25 de febreiro de 2026, do proxecto de planta solar fotovoltaica Cartelle, de 11 MVp/9,8 Mwn, e a súa liña de evacuación, no concello de Cartelle (Ourense), promovido por AMR 7 Energías Renovables, S.L.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
