A persoa representante da titularidade do centro privado (CPR) plurilingüe Bouza Brey, de Vigo, solicita a modificación da autorización do CPR e a supresión de dúas (2) unidades de bacharelato da modalidade de Ciencias e tecnoloxía e de dúas (2) da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación da autorización
Modificar a autorización do CPR Plurilingüe Bouza Brey, para suprimir catro (4) unidades de bacharelato, quedando o centro configurado como se sinala a seguir:
Denominación xenérica: centro privado (CPR).
Denominación específica: Bouza Brey.
Código do centro: 36024057.
Enderezo: rúa Baixada a San Xoán, 167.
Código postal: 36206.
Localidade: Vigo.
Concello: Vigo.
Provincia: Pontevedra.
Titular: Cooperativa Bouza Brey.
Composición resultante:
• 3 unidades de educación infantil.
• 6 unidades de educación primaria.
• 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.
• 1 unidade de educación especial.
Artigo 2. Inscrición no Rexistro de Centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 3. Revisión da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2026
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
