DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 11 de marzo de 2026 Páx. 17495

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2026 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a de investigación, Área de Electrónica-Mecánica, en virtude de probas selectivas convocadas pola Resolución do 19 de decembro de 2023.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 19 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia do 4 de xaneiro de 2024) para cubrir con persoal laboral fixo dúas prazas da categoría profesional de técnico/a de investigación, Área de Electrónica-Mecánica, pola quenda de acceso libre, unha vez comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos Estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a de investigación, Área de Electrónica-Mecánica, as persoas que superaron o proceso selectivo e que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán o seu contrato ante o Servizo de Xestión de Persoal no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que as persoas aspirantes se encontren en situación de incapacidade temporal, o prazo para a sinatura do contrato comezará a partir do día hábil seguinte ao da data da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, situacións durante as cales se poderá asinar o contrato.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo mencionado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2026

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Núm. de orde

DNI

Apelidos e nome

Código

Posto adxudicado

Quenda

Campus

Observacións

1

***4951**

Pardo Lourido, Maximino

PL000382

Técnico de investigación, área electrónica-mecánica. Observatorio Astronómico

Mañá

Santiago de Compostela

Comparte Facultade de Óptica e Optometría

2

***6212**

Ferreira Casal, Miguel Ángel

PL000383

Técnico de investigación, área electrónica-mecánica.

Departamento de Física de Partículas

Xornada partida

Santiago de Compostela