No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 30, do 13 de febreiro de 2026, publicáronse as bases reguladoras da convocatoria pública para a provisión de tres postos de traballo de letrado/a-asesor/a xurídico/a.
Consonte o establecido na base cuarta, o prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).
A resolución da convocatoria, co nomeamento da persoa seleccionada, publicarase no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios do Concello de Vigo e na sede electrónica do Concello de Vigo.
Vigo, 13 de febreiro de 2026
O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística, Educación,
Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024 e Acordo
da Xunta de Goberno Local do 7.11.2025)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade, Contratación,
Festas e Xestión Municipal
