DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 12 de marzo de 2026 Páx. 17854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de novación da concesión de augas con clave DH.A36.02347, outorgada o 13 de novembro de 2006, no concello de Cerdedo-Cotobade (expediente DH.A36.114513).

En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios de Laxe Tenorio-Xanique Val do Fento.

Expediente: DH.A36.114513.

Volume total anual: 44.063,10 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: 1,52 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: dez (10) mananciais (M1 a M10).

M1, M2 na parcela 753, pol. 40.

M3 a M9 na parcela 812, pol. 40.

M10 na parcela 3383, pol. 61.

Todas do catastro de Cerdedo-Cotobade.

Lugar: O Castro.

Parroquia: Tenorio.

Concello: Cerdedo-Cotobade.

Descrición:

A auga de M1 a M7 condúcese ao depósito 1 na parcela 753, pol. 40, do que segue á ETAP na parcela 1804, pol. 61, á que chega tamén a auga de M8 a M10. Da ETAP pasa ao depósito 2, na mesma parcela, comunicado co depósito 3. Destes depósitos parten as redes de distribución da auga.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 11 de febreiro de 2026

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur