DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 13 de marzo de 2026 Páx. 18039

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 3 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación de almacenamento de enerxía eléctrica mediante baterías denominada GRX Belesar I e a súa infraestrutura de evacuación, no concello de Chantada (expediente PB 13/2025).

Expediente: PB 13/2025.

Solicitante/promotora: GR Cormorán Renovables, S.L.U.

Denominación: proxecto de execución da planta de almacenamento de enerxía con baterías GR Belesar I, cunha potencia instalada de 48,26 MW e infraestrutura de evacuación de media tensión, situada no concello de Chantada (Lugo).

Concello: Chantada.

1. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo (rolda da Muralla, 2º andar, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

http://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-xeracion/chantada

O anterior faise público para o coñecemento xeral e exame da documentación técnica e, de ser o caso, pra que poidan presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste acordo.

Lugo, 3 de marzo de 2026

Gustavo Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo