DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 13 de marzo de 2026 Páx. 18136

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baiona

ANUNCIO de estudo de detalle da unidade de actuación número 1 do Plan parcial As Escubichas (parcela número 36), que incorpora como API-1 ao vixente Plan xeral de ordenación municipal de Baiona.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Baiona, adoptado en sesión ordinaria que tivo lugar o 21 de xaneiro de 2026, apróbase inicialmente o estudo de detalle da unidade de actuación nº 1 do Plan parcial As Escubichas (parcela nº 36), que incorpora como API-1 ao vixente Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Baiona, nos termos literais seguintes:

«Primeiro. Prestar aprobación inicial ao estudo de detalle da unidade de actuación nº 1 do Plan parcial As Escubichas (parcela ou cuarteirón nº 36), que incorpora ao PXOM de Baiona como API-1, na rúa Ponte Romano, Santa Cristina de Ramallosa, Baiona, asinado polo arquitecto colexiado nº 1.173 do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e presentado no Rexistro Electrónico do Concello de Baiona o 16 de setembro de 2025 (RE 2025-E-RE-5021).

Segundo. Someter o documento a información pública durante o prazo dun mes mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia de Pontevedra.

Terceiro. Consonte o disposto no artigo 7.e) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, publicar este acordo e o instrumento aprobado inicialmente na sede electrónica do Concello de Baiona, na seguinte dirección: https://baiona.sedelectronica.gal/transparency/6f0d8719-cee2-42ee-aa27-01aced368f2e/

Cuarto. Notificar este acordo á propietaria e titular catastral do predio inscrito no Rexistro da Propiedade nº 4 de Vigo como predio rexistral nº 8.187, tomo 1505, libro 105, folio 10, co número de referencia catastral 5324123NG1652S0001DS, así como ao resto dos interesados no procedemento.

Quinto. Solicitar os informes sectoriais preceptivos de conformidade co disposto nos informes dos servizos técnico e xurídico municipais que constan no expediente administrativo».

Así pois, levando a efecto o disposto no devandito acordo municipal, e consonte o artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), sométese a información pública por prazo dun mes o documento de estudo de detalle aprobado inicialmente, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) e nun dos xornais de maior difusión na provincia de Pontevedra, para que quen poida resultar interesado/a, formule as observacións e reclamacións que considere convenientes.

O estudo de detalle inicialmente aprobado estará ao dispor das persoas interesadas na sede electrónica do Concello de Baiona, no seguinte enderezo: https://baiona.sedelectronica.gal/transparency/6f0d8719-cee2-42ee-aa27-01aced368f2e/, e nas dependencias municipais do Servizo de Urbanismo, sitas na rúa Ventura Misa, nº 19, Baiona, logo de solicitar cita previa.

Advírtese que o acordo municipal indicado non é susceptible de recurso por tratarse dun acto de trámite.

Baiona, 18 de febreiro de 2026

Jesús Vázquez Almuíña
Alcalde