DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 13 de marzo de 2026 Páx. 17982

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2026 pola que se convocan cursos de formación para persoal de Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A., Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U., Galicia Calidade, S.A.U., Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia e Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

Ao abeiro do convenio de colaboración subscrito, o 15 de xaneiro de 2026, entre a Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (en diante, SPI Galicia, S.A.), Fundación Cidade da Cultura de Galicia (en diante, FCC), Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (en diante, Seaga), Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (en diante, XesGalicia), Galicia Calidade, S.A.U., e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. (en diante, Retegal), e a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) para a convocatoria e o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación,

RESOLVO:

Convocar os cursos que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2026

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Primeira. Requisitos das persoas participantes

Poderán participar na acción formativa convocada nesta resolución os/as empregados/as que presten servizo en SPI Galicia, FCC, Seaga, XesGalicia, Galicia Calidade, Retegal, CSAG e Sogama, que se encontren en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral), así como o persoal laboral fixo descontinuo que, encontrándose en período de inactividade, manteña vixente a súa relación laboral coa entidade. Así mesmo, os solicitantes deben reunir os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

1. As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada unha delas se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>

2. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación e/ou telepresenza deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web actualizado.

– O software correspondente a cada actividade e indicado no anexo II desta resolución.

3. Nas actividades impartidas na modalidade de telepresenza a presentación da solicitude para participar nestas comportará o consentimento da persoa interesada para a gravación das sesións na plataforma de telepresenza. Esta gravación terá por único fin o de poder ser empregadas polo alumnado do curso como recurso formativo e para a resolución de posibles reclamacións.

Unicamente poderá acceder ás sesións o persoal docente e o alumnado do curso así como persoal da EGAP autorizado cos fins previstos pola normativa vixente en materia de protección de datos.

As gravacións serán borradas unha vez que remate o curso coas únicas excepcións que estean previstas na normativa vixente en materia de protección de datos.

Terceira. Criterios de selección

SPI Galicia, FCC, Seaga, XesGalicia, Galicia Calidade, Retegal, CSAG e Sogama indicarán á EGAP o persoal que realizará esta formación que será previamente seleccionado por orde de solicitude ata esgotar a totalidade das prazas ofertadas.

Cuarta. Acceso ás actividades formativas

O acceso será a través da páxina web da EGAP: (EGAP) <https:// egap.xunta.gal> e unha vez dentro haberá que seguir as seguintes instrucións:

1. É preciso estar rexistrado na área de matrícula da EGAP. Para iso ten que premer na icona «área de matrícula» da páxina web da EGAP e rexistrarse premendo en «rexistrar unha conta para acceder ás aplicacións», situada na parte inferior da pantalla (no caso de que o/a traballador/a xa estivera rexistrado/a este paso non será necesario).

2. A EGAP procederá á matriculación do alumnado indicado por SPI Galicia, FCC, Seaga, Xesgalicia, Galicia Calidade, Retegal, CSAG e Sogama.

3. Unha vez rexistrado/a e matriculado/a poderá acceder ao curso o día do seu comezo.

4. Antes de que comece o curso, o/a titor/a enviaralle un correo electrónico ao alumnado coa guía do curso, que conterá a data de comezo, as instrucións, os obxectivos, o cronograma e o método de avaliación do curso.

5. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35 en horario de atención ao publico (das 9.00 ás 14.00 horas) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>

Quinta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez (10) días desde a súa publicación de acordo co artigo 82.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Logo de transcorrer o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sexta. Superación da actividade formativa. A asistencia

Para poder superar a actividade de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A adecuada realización de todas as actividades que o/a titor/a propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final.

– A superación das probas de avaliación que para os efectos se establezan. Para superaren as probas de avaliación, os/as alumnos/as deberán responder de forma correcta un 50 % das preguntas da proba. As respostas incorrectas non descontarán acertos. As datas e o horario de realización destas será o indicado no anexo II.

A asistencia:

a) Son obrigatorias a asistencia e máis a puntualidade ás sesións da actividade formativas telepresenciais.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas telepresenciais pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Sétima. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Oitava. Tratamento dos datos

1. Os datos persoais proporcionados pola persoas interesadas para a xestión das solicitudes de participación nas accións formativas convocadas a través desta resolución, así como aqueles outros que se recollan ou elaboren con motivo do desenvolvemento desta, serán tratados pola EGAP na súa condición de responsable do tratamento, coa finalidade de levar a cabo a selección do alumnado, a impartición da formación e a xestión xeral desta.

A lexitimación para o tratamento dos datos é o cumprimento dunha misión realizada en interese público conforme o disposto no artigo 6.1.e) do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD), con base no disposto na Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, e fundamentada nun interese público esencial (artigo 9.2.g) do RXPD. Os datos identificativos das persoas seleccionadas para participar nas anteditas accións formativas serán publicados conforme o detallado na base quinta desta resolución. Así mesmo, os datos dos alumnos e alumnas relativos á súa participación nesta acción formativa poderán ser comunicados aos órganos da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia cando sexa estritamente necesario para o exercicio das súas competencias.

As sesións dos cursos impartidos na modalidade de telepresenza serán gravadas coa finalidade de ofrecer ao alumnado a posibilidade do seu visionado posterior como material de estudo, así como para a resolución de posibles reclamacións. En todo caso, o alumnado, se o considera oportuno, poderá desactivar a súa cámara e/ou micrófono e participar a través do chat de acordo coas indicacións da persoa docente. As devanditas gravacións conservaranse á disposición do alumnado e profesorado durante o tempo que dure a acción formativa ou, se é o caso, ata que finalice a avaliación do alumnado. A retransmisión das sesións formativas e a gravación destas poderán ser accesibles unicamente ao profesorado e alumnado a que van dirixidas e ao persoal da EGAP autorizado.

Prohíbese expresamente a descarga, a difusión, a distribución ou a divulgación das gravacións, e particularmente a súa compartición en redes sociais, xa que estes usos poden conculcar o dereito á protección de datos, o dereito á propia imaxe e os dereitos de propiedade intelectual, e poderían xerar responsabilidade disciplinaria, administrativa ou civil. As gravacións non poderán ser usadas para outros fins fóra do ámbito docente.

As persoas interesadas poderán solicitar ante a persoa responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento por motivos relacionados coa súa situación particular, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

Novena. Facultades da EGAP e SPI Galicia, FCC, Seaga, XesGalicia, Galicia Calidade, Retegal, CSAG e Sogama

1. A EGAP e SPI Galicia, FCC, Seaga, XesGalicia, Galicia Calidade, Retegal, CSAG e Sogama poderán modificar o desenvolvemento, as datas e os lugares da actividade formativa, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Tamén lles corresponde prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. No suposto de que o número de persoas admitidas sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP e SPI Galicia, FCC, Seaga, XesGalicia, Galicia Calidade, Retegal, CSAG e Sogama resérvanse o dereito a suspender ou cancelar a actividade, caso no que empregarán os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

3. A EGAP e SPI Galicia, FCC, Seaga, XesGalicia, Galicia Calidade, Retegal, CSAG e Sogama garantirán na actividade derivada desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Persoal destinatario

Horas

Prazas

Modalidade

Data de inicio

Data de remate

Data e hora do exame final en liña

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

CV26013

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2019)

Persoal ao servizo das entidades públicas instrumentais:

Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia, S.A.)

Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC)

Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga)

Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, SAU (Xesgalicia)

Galicia Calidade, S.A.U.

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. (Retegal)

Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, S.A. (CSAG)

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama)

50

50

Teleformación

4.5.2026

18.6.2026

22.6.2026,

16.30 horas

CV26014

Autocad 2016 – Nivel básico

35

25

Telepresenza

3, 4, 9, 10, 11, 16, 17,18, 23, 25 e 30 de xuño das 17.00 ás 20.00 horas

1 xullo das 17.00 ás 19.00 horas

1.7.2026,

18.30 horas

CV26017

Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

Persoal ao servizo das entidades públicas instrumentais:

Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia, S.A.)

Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC)

Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga)

Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, SAU (Xesgalicia)

Galicia Calidade, S.A.U.

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. (Retegal)

Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, S.A. (CSAG)

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama)

50

50

Teleformación

24.9.2026

12.11.2026

16.11.2026,

16.30 horas

CV26018

Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)

Persoal ao servizo das entidades públicas instrumentais:

Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia, S.A.)

Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC)

Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga)

Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, SAU (Xesgalicia)

Galicia Calidade, S.A.U.

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. (Retegal)

Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, S.A. (CSAG)

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama)

50

50

Teleformación

4.5.2026

18.6.2026

22.6.2026,

17.30 horas

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

CV26015

Ferramentas de intelixencia artificial para un traballo eficiente

Persoal ao servizo das entidades públicas instrumentais:

Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia, S.A.)

Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC)

Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga)

Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, SAU (Xesgalicia)

Galicia Calidade, S.A.U.

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. (Retegal)

Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, S.A. (CSAG)

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama)

25

50

Mixto1 Teleformación + Telepresenza

Do 27.4.2026 ao 25.5.2026

Sesións de telepresenza:

5 e 19 de maio das 16.30 ás 19.00 horas

28.5.2026,

16.30 horas

CV26015

Ferramentas de intelixencia artificial para un traballo eficiente

Persoal ao servizo das entidades públicas instrumentais:

Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia, S.A.)

Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC)

Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga)

Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, SAU (Xesgalicia)

Galicia Calidade, S.A.U.

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. (Retegal)

Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, S.A. (CSAG)

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama)

25

50

Mixto2 Teleformación + Telepresenza

Do 29.9.2026 ao 30.10.2026

Sesións de telepresenza:

6 e 20 de outubro das 16.30 ás 19.00 horas

4.11.2026,

16.30 horas

CV26015

Ferramentas de intelixencia artificial para un traballo eficiente

Persoal ao servizo das entidades públicas instrumentais:

Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia, S.A.)

Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC)

Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga)

Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, SAU (Xesgalicia)

Galicia Calidade, S.A.U.

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. (Retegal)

Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, S.A. (CSAG)

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama)

25

50

Mixto3 Teleformación + Telepresenza

Do 15.10.2026 ao 13.11.2026

Sesións de telepresenza:

22 outubro e 5 de novembro das 16.30 ás 19.00 horas

18.11.2026,

16.30 horas

Igualdade e violencia de xénero

CV26011

A educación emocional como ferramenta para promover a igualdade

Persoal ao servizo das entidades públicas instrumentais:

Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia, S.A.)

Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC)

Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga)

Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, SAU (Xesgalicia)

Galicia Calidade, S.A.U.

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. (Retegal)

Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, S.A. (CSAG)

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama)

20

50

Teleformación

2.11.2026

23.11.2026

26.11.2026,

16.30 horas

CV26016

Sexting, sextorsión, violencia de xénero dixital

Persoal ao servizo das entidades públicas instrumentais:

Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia, S.A.)

Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC)

Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga)

Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, SAU (Xesgalicia)

Galicia Calidade, S.A.U.

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. (Retegal)

Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, S.A. (CSAG)

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama)

20

50

Teleformación

16.4.2026

5.5.2026

8.5.2026,

16.30 horas

Lingua galega

CV26012

A normativa do galego estándar: actualización gramatical, ortográfica e léxica

Persoal ao servizo das entidades públicas instrumentais:

Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia, S.A.)

Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC)

Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga)

Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, SAU (Xesgalicia)

Galicia Calidade, S.A.U.

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. (Retegal)

Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, S.A. (CSAG)

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama)

40

30

Mixta Teleformación + Telepresenza

Do 1.10.2026 ao 2.11.2026 Sesións de telepresenza:

6, 8, 13, 15, 20, 22, 27 e 29 de outubro das 16.30 ás 18.30 horas

5.11.2026,

16.30 horas