DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 16 de marzo de 2026 Páx. 18355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Barbeito (Vilasantar-A Coruña), para ser notificado por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), un propietario da zona de concentración parcelaria de Barbeito (Vilasantar-A Coruña), que figura no anexo, para ser notificado por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 46 13, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra este acto, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de acordo co establecido no artigo 42.3 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.

A Coruña, 27 de febreiro de 2026

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Zona de concentración parcelaria de Barbeito (Vilasantar-A Coruña)

DNI/nome

Nº prop.

Acto notificado

03254812J

95

Resolución da Dirección Xeral