DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 16 de marzo de 2026 Páx. 18364

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-FE-0078/2025-V e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-FE-0078/2025-V e sete máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución dos expedientes de referencia, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Mar no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c), da mesma lei.

A Coruña, 27 de febreiro de 2026

María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Núm. de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

PSC-FE-0078/2025-V

44818846B

Resolución

PSC-FE-0094/2025-PPM

52939261T

Resolución

PSC-FE-0103/2025-V

47379840R

Resolución

PSC-FE-0107/2025-PPM

30647383K

Resolución

PSC-FE-0110/2025-V

53489347H

Resolución

PSC-FE-0159/2025-PPM

47435758Y

Resolución

PSC-FE-0163/2025-PPM

47436742R

Resolución

PSC-FE-0320/2025-PRE

32684425E

Resolución