De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra.
A comparecencia deberá efectuarse previa cita, no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante o Servizo de Consumo de Pontevedra, con enderezo na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 3 de marzo de 2026
Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
Interesada |
NIF/CIF |
Acto notificado |
|
36R001/1510/2024 |
Grupo Ghazouhoome, S.L. |
B70713714 |
Comunicación de reclamación e proposta de mediación |
|
36R001/2494/2024 |
45906624G |
Comunicación de reclamación e proposta de mediación |
