DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 16 de marzo de 2026 Páx. 18331

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ANUNCIO do 2 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se notifica á persoa interesada a resolución do procedemento SXRH-PD-6/25 e se cita para a entrega dunha copia da resolución.

No procedemento disciplinario tramitado coa referencia SXRH-PD-6/25 nesta consellería, intentouse notificar á persoa interesada a resolución que pon fin ao procedemento. Os intentos de notificación realizáronse no domicilio da persoa interesada, a través do Servizo de Correos, e tamén mediante a posta á disposición electrónica, intentos que resultaron infrutuosos. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á publicación deste anuncio, para que sirva de notificación da resolución á persoa interesada.

Cítase a persoa interesada (NIF 36043601W) para o día 27.3.2026, ás 10.30 horas, no Servizo de Réxime Xurídico e Recursos da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, co obxecto de comparecer nesas dependencias no día e hora citados para a entrega dunha copia da resolución que puxo fin ao procedemento, coa finalidade de que poida coñecer o contido íntegro desa resolución. O Servizo de Réxime Xurídico e Recursos está situado nas dependencias da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no edificio 2 do Complexo Administrativo da Xunta de Galicia en San Caetano, s/n, na cidade de Santiago de Compostela. Na comparecencia a persoa interesada deberá acreditar a súa identidade ou acreditar a representación por calquera medio válido en dereito se comparece outra persoa en representación da interesada.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe formular directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Santiago de Compostela (en correspondencia coa sede do órgano que ditou esta resolución) ou na Sección do contencioso-administrativo do tribunal de instancia correspondente ao domicilio da persoa interesada, nos termos dos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998 (do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa), no prazo de dous meses. Con carácter previo e potestativo ao recurso contencioso-administrativo, poderase formular recurso de reposición ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo de un mes, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Os prazos citados comezarán a contar desde o 28.3.2026, isto é, desde o día seguinte ao fixado neste anuncio para que a interesada poida comparecer nas dependencias da Consellería para coñecer o contido íntegro da resolución do procedemento.

Advírtese á persoa interesada que, se non presenta recurso en tempo e forma, a resolución será firme.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2026

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Persoa interesada

Ref. expediente

Data da resolución

Preceptos

infrinxidos

Preceptos sancionadores

Sanción

36043601W

SXRH-PD-6/25

30.1.2026

Artigo 186.1.i) da

Lei galega 2/2015

Artigo 189.a) da

Lei galega 2/2015

Suspensión firme de funcións durante 2 meses

Artigo 187.1.g) da

Lei galega 2/2015

Artigo 190.b) da

Lei galega 2/2015

Apercibimento escrito

Artigo 187.1.g) da

Lei galega 2/2015

Artigo 190.a) da

Lei galega 2/2015

Suspensión firme de funcións durante 7 días