DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 16 de marzo de 2026 Páx. 18337

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifican varios actos administrativos en materia de enerxía ditados en procedementos da competencia deste departamento.

Despois de intentar en tempo e forma efectuar a notificación dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación dos actos administrativos as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou as persoas representantes debidamente acreditadas.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas deste Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 27 de febreiro de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Persoa interesada

Acto notificado

Descoñecido (parcela referencia catastral 36039A009008100000DM)

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2023/418-4 relacionado coa solicitude de desistencia de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica Soterramento LMT ATI733 entre os apoios A3PW2M4C//A3Q1RTD3 e A3OGNF1U//A3ONEEHM, no concello do Porriño.

Luis Madriñán

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2025/136-4 relacionado coa solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica LMTS, CT Remigio, no concello de Tui.

Descoñecido (parcela referencia catastral 36012A003016370000ZR)

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2025/152-4 relacionado coa solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica Substitución apoios A8Q1SAE8//19 e A8Q3B6ET//20 da LMT SJG801, no concello de Cerdedo-Cotobade.

Hrdos. de Joaquín Ferro Ribeiro

José Ramón Vidal Vázquez

Descoñecido (parcela referencia catastral 36060A044001130000GX)

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2025/160-4 relacionado coa solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica Regulamentación e soterramento LMT VAR803B apoios 30-40 e novo CT Renza, no concello de Vilagarcía de Arousa.

María del Carmen Rodríguez Acuña

Descoñecido (parcela referencia catastral 36039A006000220000DR)

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2025/175-4 relacionado coa solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica LMTS ATI712 e substitución CTI Laxes Confurco 36AA24 por CTC, nos concellos de Ponteareas e O Porriño.

Descoñecido (parcela referencia catastral 36039A006000220000DR)

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2025/178-4 relacionado coa solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica LMT, CT A Porteliña e substitución do CS 36CKM1, no concello de Mos.

María Tizón Pan

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2025/202-4 relacionado coa solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica Soterramento LMT TRO718 e substitución CTI Parada Teis 36AC7, nos concellos de Vigo e Redondela.

Descoñecido (parcela referencia catastral 36012A004008760000ZS)

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2025/209-4 relacionado coa solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica LMTS, CT Barbeitos e CT Fontán, no concello de Cerdedo-Cotobade.

Óscar

Descoñecido (parcela referencia catastral 36014A049005740000YJ)

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2025/218-4 relacionado coa solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica LMTA e instalación de telecontrol no apoio AOHWHLL1//27 da LMTA FRI804, no concello de Crecente.

Descoñecidos (parcelas con referencia catastral 54057A173001430000BT e 54057A173001420000BL)

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2025/219-4 relacionado coa solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica LMTS, CT Quintián de Abaixo, no concello de Vigo.