Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Soterramento da LMT LAR703 Alvite 3, desde o apoio A4A9HN7E//46-32A-6 ata o novo CT 15ACN6, no concello da Laracha (expediente IN407A 2023/447-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 3 de marzo de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/447-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Soterramento da LMT LAR703 Alvite 3, desde o apoio A4A9HN7E//46-32A-6 ata o novo CT 15ACN6.
Concello: A Laracha.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
|
2 |
1756101NH3915N0001GQ |
Miguel Palleiro Arjón e outros |
11.2.2026 |
